A Mesa pola Normalización Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude acordan medidas para paliar a perda de falantes mozos

Contra a diglosia xuvenil

14/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade, reuniuse onte con tres representantes da Mesa pola Normalización Lingüística para adoptar medidas conxuntas contra a diglosia na mocidade. Voluntariados lingüísticos, campamentos xuvenís e outras actividades dirixidas aos máis novos son algunhas das iniciativas que Carlos Callón, presidente da mesa, propón para evitar a perda de falantes entre os máis novos.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Dirección Xeral de Xuventude...