Política Lingüística crea un servizo de normalización para empresas mentres a Mesa inicia unha campaña para galeguizar a Semana Santa

Empresas e procesións

18/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O encontro que mantiveron onte en Compostela a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol Vázquez, e mais o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, deu na creación de medidas para normalizar o sector da patronal. Un novo servizo de normalización orientado ás empresas e o apoio para que a CEG xestione a implantación no sector dun tradutor informático son as primeiras propostas. Pola súa banda, a Mesa pola Normalización comezou unha campaña para conseguir a galeguización dos actos de Semana Santa de Ferrol. Neste sentido xa lle enviaron cartas á Coordinadora de Confrarías e mais aos representantes destas entidades.

Máis información en Galicia Hoxe, no web da Mesa e en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Semana Santa, Galicia Hoxe