Touriño anuncia accións urxentes sobre a lingua mentres a Mesa reclama a dobraxe de filmes e RNE nega a emisión en galego

Filmes, radio e plan xeral

29/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Xunta presentará para o vindeiro ano unha proposta de traballo sobre lingua acompañada dun informe orzamentario, segundo anunciaba onte no Parlamento o presidente do Goberno Emilio Pérez Touriño. Touriño sinalou que as actuacións queren afectar a todos os ámbitos sociais e sinalou a súa intención de conseguir “un pacto pola fala”. Simultaneamente, a Mesa pola Normalización acaba de solicitar que se dobren ao galego como mínimo dez dos filmes cunha maior expectativa comercial. Esta medida afectaría títulos coma “O Código Da Vinci” ou “Ice Age 2”, que se estrearán ao longo desta temporada. Pola súa banda, a directora de RTVE, Carmen Caffarel, rexeitaba onte que a cadea Radio 4, de Radio Nacional de España, realice unha emisión integramente en galego. Caffarel contradí deste xeito unha das medidas incluídas no Plan Xeral de Normalización, alegando que o custo da mesma é actualmente inasumible. Radio 4 posúe na actualidade unha programación íntegra en catalán.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a proposta de Touriño, sobre a solicitude da Mesa; en Diario de Ferrol sobre Radio 4; web da Mesa

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGE, Emilio Pérez Touriño, Galicia Hoxe, RTVE

Claves

Protagonistas