A directora de RTVE, Carmen Caffarel, asegurou onte que continuará a haber programación en galego nas cadeas de radio estatal a pesar da reestruturación. Caffarel sinalou que se manterá parte da programación no noso idioma en Radio 1 e en TVE 1, destacando que polo momento non se pode concretar máis cal será a presenza final. Pola súa banda, o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, lanzou onte duros ataques contra a SecretarÃa Xeral de Normalización cualificando de "parvada" boa parte das iniciativas deste organismo e sinalando que a súa organización no advirte cambios coas liñas do anterior goberno. Finalmente, a posibilidade de se dirixir en galego ao Parlamento europeo, viuse truncada logo de que a mea desta entidade rexeitase onte, co apoio do PP, a proposta a este respecto.
Máis información sobre estes temas en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe