A Mesa inicia unha campaña para solicitar que Radio 4 recupere as emisións en galego

Galego 4

3/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Enviarlle seis mil postais á directora xeral de RTVE, Carmen Caffarel, para esixirlle que Radio 4, de Radio Nacional de España, volte emitir en galego. Esta é a nova campaña que presentou onte a Mesa pola Normalización Lingüística, que lembrou que esta emisora Eliminara en 1992 a programación no noso idioma aínda que a mantivo en catalán. Carlos Callón, presidente da Mesa, lembrou que o Congreso aprobou o pasado ano unha resolución solicitando estudar a viabilidade de recuperar o noso idioma nesta canle radiofónica.

Máis información no web da Mesa

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Normalización Lingüística, RTVE, Mesa pola Normalización Lingüística