Un estudio da Mesa advirte que medra o número de persoas que nunca fala galego

Analfabetos funcionais

A Mesa pola Normalización Lingüística colleu o censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estatística (INE), a sondaxe lingüística do Censo de 1991 e realizou un estudio sobre o coñecemento e uso do idioma. ¿Os resultados? O galego continúa a ser a ingua maioritaria de Galicia e o idioma do Estado Español con maior nivel de coñecemento. Sen embargo apréciase un aumento do analfabetismo escolar sobre o idioma, nas cidades duplícase a persoas que non falan nunca o galego e o uso do galego como lingua habitual diminúe a medida que baixa a media de idade. Ante este futuro pouco alentador o presidente da Mesa, Carlos Callón, asegura que “cunha política lingüística decidida se pode recuperar o galego.




Máis información no web da Mesa

e no noso tema sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística