Educación iniciará un proxecto piloto en dez centros de infantil para impartir as clases unicamente en galego

A lingua dos nenos

27/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O curso 2006-2007 haberá dez centros que impartan Educación Infantil e Primaria unicamente en galego. Trátase dun proxecto piloto que deben solicitar os consellos escolares interesados e ao que se deberán inscribir voluntariamente os profesores. É esta unha iniciativa que acaba de presentar a conselleira de Educación, Laura Sánchez, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño e que xa contemplaba o Plan de Normalización. A proposta partiu dunha demanda realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística quen cualificou de “insuficiente a medida”.

Máis información en Vieiros, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Vieiros, Educación Infantil, Normalización Lingüística...