Educación prevé que os libros do programa de gratuidade estean en galego e que a metade das clases estean no noso idioma

Libros e mestres en galego

11/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
Para o vindeiro ano os libros de Primaria que se inclúan no programa de gratuidade da Xunta estarán en galego, segundo afirmou onte a conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, logo dunha xuntanza con responsables da Mesa pola Normalización Lingüística. Ademais, Sánchez Piñón asegurou que para o vindeiro ano se impartirán a metade das clases no noso idioma, e que se esixirá o coñecemento do galego para acceder a unha praza de profesor.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, La Voz de Galicia...