Finalmente houbo acordo. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, anunciaba onte que o PP, o PSOE e mais o BNG acadaron un texto de consenso para o vindeiro decreto de galeguización do ensino. Finalmente darase como mÃnimo a metade das clases no noso idioma e respectarase a lingua materna de cada alumno. Sánchez Piñón asegurou que os centros estarán facultados para incrementar a porcentaxe de materias en galego e que o espÃrito do decreto é que o ensino na nosa lingua ocupe cada vez máis horas.
Máis información no web da Xunta, en Vieiros; en La Voz de Galicia; en El PaÃs e nos nosos arquivos