Continúan as polémicas encol do novo decreto de Normalización do Ensino

Debate por decreto

14/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A porcentaxe final de materias en galego. A posibilidade de iniciar na nosa lingua o proceso de lectoescritura. As datas de aprobación. Semella que todo está aberto arredor do novo decreto que, sobre Normalización do Ensino quere aprobar Educación. A Mesa pola Normalización anunciaba onte que voltará mobilizarse se o texto non avanza. Ao tempo, "Vieiros" informaba onte que Educación manexa un borrador no que a cantidade de materias na nosa lingua non pasa do 50%, por baixo do anunciado no primeiro momento. Desde a consellaría, de calquera xeito, salientan que non manexan borrador nengún.

Máis información en Vieiros, en Galicia Hoxe; en La Opinión; no web da Mesa e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Ensino, Educación, Galicia Hoxe...