A proposta de Educación para que o galego sexa a primeira lingua que se aprende na escola xera un intenso debate

E de primeiro... ¿galego?

16/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O debate entre os partidos sobre o novo decreto que regulará a situación do galego no ensino está a chegar á rúa. A proposta da Consellaría de Educación, apoiada polo BNG, para que a nosa lingua sexa a primeira que aprenden os nenos na escola provocou xa respostas encontradas. Tanto a Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos coma o PP néganse a esta posibilidade, e o partido ademais reclama que as materias en galego no pasen do 50%. Educación, pola súa banda, adiantou que pretende que entre o 56% e o 68% das aulas se dean no noso idioma.

Máis información en Galicia Hoxe, en Vieiros en La Opinión e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Vieiros, Asociacións, La Opinión...