A folga escolar polo ensino en galego finaliza con desiguais valoracións

Distintas cifras para a lingua

9/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Entre un 44% (segundo a Consellaría de Educación) e un 90% (segundo a Mesa pola Normalización) dos alumnos de Educación Secundaria e de Bacharelato non acudiron onte a clase para reivindicar ensino en galego. O paro fora convocado por esta última organización para reclamar o cumprimento da lexislación vixente nesta materia. Mentres transcorría a folga, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, defendía no Parlamento que se está a cumprir a legalidade neste ámbito e que o ensino bilingüe é unha riqueza para os alumnos.

Máis información en Vieiros, en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, no web da Mesa e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, Vieiros, Secundaria...