A Mesa reclámalle á Xunta un “acordo nacional” sobre a lingua que parta do novo Plan de Normalización

A polo acordo nacional

11/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, emprazaba onte ao novo goberno da Xunta a buscar un “grande acordo nacional” a prol do galego que dea no cumprimento íntegro do novo Plan de Normalización Lingüística. Entre as medidas máis urxente, a Mesa reclama que a metade do ensino se desenvolva en galego, e apunta de se cumprir esta aspiración, este colectivo retirará a denuncia que ten interposta cona a inspección de Educación polo incumprimento das cotas galego no ensino. Do mesmo xeito, reclaman a estrea anual de cando menos dez filmes en galego e agardan manter en breve unha entrevista coa nova conselleira de educación, Laura Sánchez para coñecer as súas intencións sobre estas cuestións.

Máis información no Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Normalización Lingüística, Ensino, Carlos Callón...