O pasado venres Bieito Lobeira, deputado polo BNG reclamáballe á xunta aposta en marcha de medidas para defender o galego en dezaoito concellos de Asturias, León, Zamora e mais o val de Xálima, en Estremadura, onde conservan a nosa lingua. Esta reclamación motivou unha acendida resposta desde a Xunta de Estremadura, que negou que "a fala" do val de Xálima sexa galego e descualificou amplamente a proposta do BNG sobre ensino do idioma e medidas de normalización.
Máis información en Galicia Hoxe sobre a proposta de Lobeira; sobre a polémica e en Vieiros e no noso tema sobre A Fala