Fala Ceibe reclámalle á Xunta dez medidas para protexer e fomentar o noso idioma no Bierzo

Decálogo berciano

18/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Unha maior oferta de galego no ensino, a integración da nas campañas de fomento da lectura e de normalización lingüística, mellora na recepción da radio e da televisión autonómicas, unha maior colaboración en actividades culturais... Estas son só algunhas das dez medidas que a asociación Fala Ceibe do Bierzo lles solicitan á Xunta de Galicia para mellorar a situación da nosa lingua nesta zona. A asociación solicita tamén que a reforma do Estatuto de Autonomía reflicta un maior compromiso coas comunidades galegofalantes do exterior.

Máis información en Galicia Hoxe; en Vieiros, no web de Fala Ceibe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bierzo, Vieiros, Estatuto de Autonomía, Lectura...