A asociación que defende a Fala en Estremadura recoñece que é galego, mentres no Bierzo denuncian atrancos á implantación do galego no ensino

Palabras do exterior

28/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Domingo Frades, presidente da Asociación Fala e Cultura e académico correspondente da RAG recoñeceu que a lingua que empregan no val do Xálima é galego, aínda que aclarou que se trata dunha variante medieval da nosa lingua. Deste xeito responde á polémica que se suscitou nos últimos días sobre a galeguidade da Fala, e amosouse partidario de recibir axudas da Xunta para conservala. Pola súa banda, a Asociación Fala Ceibe do Bierzo acaba de presentarlle un escrito ao Procurador do Común de Castela e León a denunciar que non se está a dar información sobre a posibilidade de ensinar galego nos centros de ensino desta comarca.

Máis información sobre a Fala El Ideal Gallego e nos nosos arquivos; sobre a carta de Fala Ceibe en Vieiros

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bierzo, Ensino, Vieiros, Estremadura...