Galicia e Extremadura poderán colaborar en proxectos sobre a fala do val de Xálima

Como amigos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana viaxou onte ata o concello de San Martín de Trebejo, no val do Xálima, ao norte da provincia de Cáceres, para inaugurar un curso sobre a Fala, a variante do galego de orixe descoñecida que se fala nestes tres concellos e ofrecer a colaboración do Goberno galego na súa promoción, ademais de “eliminar calquera punto de confusión” ao respecto co Goberno estremeño. Tras unha xuntanza entre Quintana e o Presidente do executivo rexional, Guillermo Fernández Vara, o estremeño sinalou que: “os galegos e estremeños interesados na Fala poden traballar xuntos porque van ter aos dous gobernos detrás para axudar”.

Máis información en Galicia-Hoxe, en Vieiros e no web da Xunta; o noso tema sobre a Fala

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Goberno Galego, Culturagalega, Xunta de Galicia...