Os Encontros de Normalización do Consello da Cultura foron o marco no que Marisol López, a nova secretaria xeral de PolÃtica LingüÃstica, anunciou as primeiras medidas concretas do seu mandato. López anunciou que buscará unha maior coordinación entre todos os axentes que traballan no campo da normalización, e anunciou que se revisará a polÃtica de subvencións deste departamento co obxectivo de destinar mais fondos ao desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización. Ademais, sinalou que se actualizarán os cursos de idioma que dependen da secretarÃa e que tamén se analizará o funcionamento dos lectorados de galego no exterior. López indicou tamén que a secretarÃa manterá a mesma estrutura de funcionamento que a anterior Dirección Xeral e que, a pesar das súas solicitudes, ve complicado ampliar uns recursos económicos e humanos que considera “insuficientes”. Na súa intervención, a secretaria confirmou as declaracións que fixo onte na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento nas que indicaba que un dos primeiros ámbitos nos que quere actuar é a propia administración pública. O ensino, os medios de comunicación e as novas tecnoloxÃas son outros dos temas prioritarios para López, que tamén anunciou que apoiará o galego no exterior.
Máis información en Galicia Hoxe, no web do Consello e nos nosos arquivos