Úrsula Heinze faise co II Premio PEN Clube mentres se entregan os premios Beiras e se presenta o Manuel María

De letras, lingua e dignidade

20/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
26 lecturas | Compartido 0 veces
O PEN Clube decidiu recoñecer o labor de Ursula Heinze. Esta organización outorgoulle a escritora o II Premio PEN Clube pola súa traxectoria literaria e mais polo traballo que ten realizado a prol da paz e dos dereitos lingüísticos. Ao tempo, hoxe coñeceuse o fallo da sexta edición dos Premios Beiras ao emprego do galego nas empresas en Compostela. A sala Nasa, a inmobiliaria Rey Xestión e a clínica veterinaria San Roque foron os gañadores desta volta. Tamén hoxe se coñecía o Premio Manuel María, que convoca a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e que quere premiar as iniciativas a prol da dignidade nacional galega.

Máis información en Galicia Hoxe en El Correo Gallego, máis sobre o premio Manuel María


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego