A Mesa anuncia a creación dun Observatorio de Dereitos Lingüísticos mentres o BNG reclama galego nas garderías

Ollar para a lingua

7/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
31 lecturas | Compartido 0 veces
Neste 2006 que está a piques de comezar agárdase que comece o funcionamento do Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Esta nova entidade da Mesa pola Normalización Lingüística quere recoller todo tipo de queixas sobre discriminación por mor do idioma. Co material que se recolla, a Mesa elaborará relatorios anuais sobre o emprego do galego e o cumprimento da lexislación ao respecto. Ao tempo, a deputada do BNG Ana Pontón reclamaba o pasado luns á Xunta que promova o emprego do galego nas escolas infantís de entre cero e tres anos, ao considerar que estas idades son idóneas para a aprendizaxe e valoración da lingua. A parlamentaria lembrou tamén que o 68% de centros de ensino público non cumpre a normativa sobre o emprego do galego, segundo os datos da Mesa.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o observatorio; sobre a situación do ensino e mais na edición de onte de La Región


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados