Ramón Villares é a última incorporación á Real Academia Galega. O plenario desta institución escollía o pasado sábado o catedrático de historia para ocupar o posto do falecido Francisco Ogando. Ao tempo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, o sindicato CIG-Ensino, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística anuncian que dedicarán os vindeiros doce meses a homenaxear o tamén académico Manuel María, que falecía hai agora un ano. Entre outras propostas estes colectivos queren realizar espectáculos musicais, audiovisuais e poéticos, e anuncian a celebración do congreso Manuel María: Literatura e Nación na Facultade de Filoloxía na Coruña.
Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe sobre Ramón Villares; sobre a homenaxe a Manuel María