Un disco, a reedición dun libro e material didáctico recuperan a figura de Manuel María

O primeiro cabodano

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Asociación Sociopedagóxica (ASPG), a Mesa, a CIG e a Asociación de Escritores en Lingua galega traballan xuntas para homenaxear a Manuel María cando se cumpre un ano do seu pasamento. Unha serie de actividades que van desde e edición dun disco monográfico de Milladoiro baseado en textos do poeta, a reedición “Os soños na gaiola” de Suso Vaamonde e elaboración de material didáctico sobre a súa figura. Unhas actividades multidisciplinares que, segundo os organizadores, recuperan a esencia de Manuel María. E para amosar que o seu legado segue vivo, a homenaxe toma como data de referencia o aniversario do seu nacemento (outubro de 1929) e non a da súa morte.

Máis información en El Correo Gallego e La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Morte, Escritores, Lingua galega...