Fállase o premio Fiz Vergara de novela mentres se entregan o Manuel María, o Galego Egrexio e mais os Trofeos Galeguidade no Mundo. "Fundaxes" é o título do poemario co que Martín Veiga obtiña esta fin de semana o premio Fiz Vergara Vilariño de poesía. Dotado con 3.000 euros, o acto de entrega deste galardón desenvolverase o vindeiro oito de abril en Sarria. Ao tempo, este sábado, Xosé Manuel Beiras recibía o título de Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica de Galicia, e Bautista Álvarez recollía en Vigo o Premio Manuel María á Dignidade Nacional. Tamén en Madrid houbo tempo para os galardóns. A Enxebre Orde da Vieira admitiu novos cofrades e entregou os Trofeos Galeguidade no Mundo 2006, que foron para Manuel Fraga, Olegario Sotelo Blanco e Monsterrat Vallés, relacións públicas de Estrella Galicia.
Máis información en La Voz de Galicia sobre o Fiz Vergara ; sobre o Manuel María; en El Correo Gallego sobre o Galego Egrexio, sobre a Orde da Vieira