A Asociación Española de Críticos Literarios fallaba este sábado en Lugo os seus premios anuais. Fixéronse cos premios o murciano Eloy Sánchez Rosillo co poemario La certeza e o vasco Ramiro Pinilla coa triloxía Verdes valles, colinas rojas III. No apartado en lingua galega, os gañadores foron Teresa Moure e a súa Herba moura e Roman Raña co poemario As metamorfoses do túnel. Por outra parte, Galaxia Gutemberg-Círculo de Editores acaba de reunir a obra poética e numerosos textos inéditos de Jose Angel Valente en dous volumes. O primeiro acaba de saír á venda baixo a dirección do poeta a profesor Andrés Sánchez Robayna, un dos principais valedores do legado escritor ourensán.
Máis información sobre os Premios da Crítica en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Galicia Hoxe e sobre a edición das obras de Valente en La Voz de Galicia