O premio Rúa Nova en galego queda deserto, mentres Blanca Vilela recibe unha mención nos Estados Unidos

Rúas con Premio

O día de hoxe está cheo de novas sobre premios. Dun lado, o xurado do Rúa Nova, galardón que concede a Fundación Caixa Galicia, fixo público o seu fallo. O premio en galego quedou deserto, aínda que se lle concedeu unha mención á lucense Elena Rodríguez por “Peripecias dun limaco”. Na categoría de español o premio foi para Eva Escribano, residente en Pamplona con “Los crápulas opiáceos”, mentres que a mención foi para a gaditana Amanda Martín Bernabé por “El pianista”. Doutro lado, a poeta coruñesa Blanca Vilela fíxose cunha mención de honra polo seu poemario “A facianda das augas” como mellor libro en lingua romance da península ibérica do pasado ano na revista especializada North Dakota Quarterly mercé a unha lista elaborada pola profesora da Universadade de Dakota do Norte, Claudia Routon.


Máis información sobre o premio Rúa Nova en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, en Galicia Hoxe e sobre o poemario de Blanca Vilela en La Opinión