O colectivo de muller e ciencia da UE faise co premio do Grupo Compostela, Luz Casal co da Academia Latina e Xosé Manuel Marcos o Manuel Murguía

Por premios que non sexa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Este fin de semana deixou tras de si un bo feixe de premio. Por unha banda, o traballo de promoción e deseños de políticas de igualdade fixo merecedor do premio do Grupo Compostela ao colectivo de muller e ciencia da UE. Unha distinción dotada con seis mil euros e unha medalla de ouro conmemorativa. por outra banda, o relato “A caída da folla” de Xesús Manuel Marcos resultou ser o gañador do XV Certame de narracións breves Manuel Murguía que concede o concello de Arteixo e que está dotado con 3.665 euros. Máis lonxe, en Valladolid, a cantante galega Luz Casal recibirá o premio que conceden a Academia Latina de Gravación, a Academia da Música ade España e o concello desa localidade. Ademais, este fin de semana tamén se entregaron os premios Galego Egrexio e o Pedrón de Ouro.

Máis información sobre o premio do Grupo Compostela en El Correo Gallego, sobre o de Luz Casal en La Voz de Galicia en na nosa hemeroteca sobre os premos Galego Egrexio e os Pedrón de Ouro

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito