Antía Cal gaña o Pedrón de Ouro e Xulio L. Valcárcel e Xavier López fanse cos premios da crítica en galego

Unha de Cal e outra de Ouro Branco

Fin de semana de premios. Para empezar, unha muller gaña por primeira vez o premio Pedrón de Ouro. O galardón que concede a fundación do mesmo nome quixo loubar o traballo da pedagoga Antía Cal, fundadora nos anos sesenta da escola viguesa “Rosalía de Castro”. O pedrón de honra da 40 edición foi para o Centro Galego de Biskaia en Baracaldo. Por outra banda, Xulio L. Valcárcel co poemario “Casa última “ e Xavier López por “A vida que nos mata” foron os galardoados do Premio Nacional da Crítica en lingua galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios. E por último, no Concello do Grove fíxose entrega do premio Blanco Amor de novela a Sechu Sende. Un premio literario dotado con 12.020 euros que podería desaparecer polos problemas de organización do certame. Por iso, o escritor Victor Freixanes avogou pola creación dun padroado plural que se encargue da súa continuidade.

Máis información sobre o Pedrón de Ouro en La Voz de Galicia, sobre os Premios da Crítica en El Correo Gallego e sobre o Blanco Amor en La Voz de Galicia