Casares recibiu o premio dos críticos españois pola súa novela póstuma “O sol do verán”

Premios con premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Críticos Literarios reuniuse o sábado para decidir os premios que concede anualmente. A obra póstuma de Carlos Casares “O sol do verán” e o poemario “Dársena do Ocaso” de Xavier Seoane foron os gañadores en lingua galega. E esta fin de semana tamén se deron a coñecer os premios da canteira literaria que desde hai 31 anos convoca o colexio Peleteiro, os Premios Minerva. Os galardoados nesta edición foron o vigués Diego García e a lucense Lidia López en narración e poesía respectivamente. Por último, os escritores Francisco Antonio Vidal Blanco e Xosé Agrelo foron os gañadores do Premio de Relato de aventuras Avilés de Taramancos que concede a casa de cultura de Noia.

Máis información sobre o premios da crítica en El Correo Gallego, sobre os Minerva e sobre o Avilés en La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Avilés de Taramancos, Xavier Seoane, Xavier Seoane...