Entregados os premios Orde da Vieira e Irmandade do Libro , mentres que os premios San Clemente outorgaranse este xoves

Dar e recibir

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Museo do Pobo, no apartado de institucións; o colexio Riomaior de Vilaboa (Pontevedra), na categoría de centros; “O pé da letra” na categoría de medios; “Os xoguetes esquecidos”, como mellor libro e Suso de Toro foron os gañadores dos premios Irmandade do libro que se entregaron esta fin de semana en Pontevedra. E en Madrid a Enxebre Orde da Vieira fixo entrega do seu máximo galardón ao ex presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor. E para este mércores está previsto o acto de entrega da VII e VIII edición do premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente á que teñen confirmada a súa presencia Bento da Cruz, de Lope, Marilar Aleixandre, Laura Restrepo e Amélie Nothomb.

Máis información en La Voz de Galicia sobre os premios San Clemente; en El Ideal Gallego sobre os premios Orde da Vieira e en El Correo Gallego sobre os da Federación de Libreiros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Amélie Nothomb, Marilar Aleixandre, Suso de Toro...