Fernández Paz gaña o Premio Irmandade do Libro e xa se coñecen os finalistas do premio San Clemente

Premios e premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Federación de Libreiros acaba de conceder o XIII “Premio Irmandade do Libro” a Agustín Fernández Paz pola súa traxectoria literaria e a súa "imaxinativa e fértil creatividade". O resto dos galardóns, sen dotación económica, que concede a Federación (a medios de comunicación e novas tecnoloxías, a mellor libro do ano 2003, a unha institución e un centro de ensino) saberanse este sábado. E por outra banda, a organización do X Premio Literario Arcebisco Juan de San Clemente acaba de facer pública a nómina dos nove candidatos (en lingua galega, española e estranxeira) que terán que votar os alumnos de cinco centros galegos de segundo de bacharelato. Entre os seleccionados están Carlos Fuentes, Jeffrey Eugenide ou Ramiro Fonte.

Máis información sobre o premio Irmandade do libro en Galicia Hoxe sobre a décima edición dos San Clemente en El Correo Gallego e no noso tema do día

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Ramiro Fonte, Ramiro Fonte, Medios de comunicación...