O Premio de Literatura Fantástica Vicente Risco quedou deserto na súa quinta edición mentres o Minerva chega á XXXII con boa saúde

Risco deserto, Minerva a tope

19/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Por vez primeira desde que se creou, o Premio de Literatura Fantástica Vicente Risco quedou deserto na súa quinta edición. O xurado tomou esta decisión ao considerar que algúns dos quince orixinais presentados non se axustaban ao xénero fantástico e vendo que moitos dos traballos empregaban unha lingua incorrecta ou descoidada. Mentres, o sábado coñecíamos o gañadores da XXXII edición dos Premios Minerva que convoca o colexio Peleteiro. Os traballos de Milena Martínez en narrativa e de Lorena Abuín en poesía foron seleccionados entre as cento noventa e seis obras presentadas.

Máis información sobre os premios Vicente Risco na edición do sábado de La Región; sobre os premios Minerva en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Literatura, Xénero, Poesía...