O xurado declara deserto o Premio Risco de literatura

Vinte e seis orixinais se presentaron nesta XIXª edición do certame

13/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xurado do Premio Risco de Creación Literaria vén de declarar deserto o certame nesta XIXª convocatoria. O punto 6 das bases do Premio que promoven o Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco contempla que se a calidade literaria das obras no fose estimábel, segundo o criterio do Xurado o premio pode quedar deserto como así foi nesta ocasión. David González Domínguez, da editorial Urco; Alberto Ramos, gañador da edición anterior; Serafín Alonso Pintos, profesor de lingua e literatura galegas; Raquel Fernández Parada, profesora de lingua e literatura galegas e Constantino Pazos, profesor de lingua e literatura galegas foron os integrantes deste xurado. Desta volta foron 26 os exemplares presentados que como novidade o fixeron en formato electrónico.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Alberto Ramos, Vicente Risco, Fundación Vicente Risco...