O VI Premio Narrativas Quentes queda deserto

O xurado considerou que as 17 obras presentadas non tiñan a calidade esixida

10/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A VI Edición do Premio Narrativas Quentes, dedicado á literatura erótica, non terá gañador. Segundo anunciaba esta mañá Francisco Macías, responsable de Edicións Positivas e convocante do certame, o xurado considerou que ningunha das 17 obras que se presentaron ao certame tivese o nivel esixido para ser premiada. Esta é a segunda vez que o galardón fica deserto dese a súa primeira edición, en 2002. De seguir coa actual periodicidade a vindeira edición non se convocará ata 2014.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Edicións Positivas, Edicións Positivas