Por terceira vez nas súas oito edicións o premio de narrativa erótica Narrativas Quentes convocado pola editorial Edicións Positivas ven de ser declarado deserto polo seu xurado. Este singular certame temático ao que poden concorrer obras narrativas inéditas, sexa novela ou conxunto de relatos, dun entre 60 e 120 folios nos que a temática e o léxico teñan relación co sexo, co erotismo convócase de xeito bianual e a súa anterior gañadora foi Emma Pedreira coa obra en 2016. Nos anos 2006 e 2012 os xurados tamén o declararon deserto tras avaliar as obras recibidas. Na súa decisión o xurado acompañou o seu ditame dunha suxestión á editorial dirixida por Francisco MacÃas, instando a que se o premio se declara deserto nunha convocatoria a seguinte pase para o ano posterior en vez de agardar o perÃodo bianual. Desde a editorial recolleron esta proposta e xa veñen de anunciar, ao tempo do fallo a convocatoria do IXº Premio Narrativas Quentes a fallarse en 2019.