Emma Pedreira imponse na nova edición do Narrativas Quentes

Corazón e demais tripas será editado por Positivas

21/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Edicións Positivas, firma que convoca anualmente o premio Narrativas Quentes, anunciaba onte, 20 de abril, o resultado da sétima edición deste certame. Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, impúxose na nova xeira do premio dedicado á literatura erótica. Segundo sinala a editora, o traballo destaca pola "excelente escrita, a fermosura das súas descricións e a precisión da linguaxe. Os rexistros son múltiples, desde os próximos ao realismo máis brutal ate a prosa poética. Sempre hai unha contención para deixar abertas outras posibilidades. Contención rodeada sempre de certo misterio". O traballo, ambientado maioritariamente entre o ámbito circense e o ambiente monacal, será publicado pola editorial.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Pedreira, Literatura, Edicións Positivas, Edicións Positivas

Claves

Protagonistas
Conceptos