Preséntanse os gañadores do premio Minerva mentres un estudo sobre Pastor Díaz leva o premio Ánxel Fole

Fole e Minerva

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Colexio Peleteiro, en Compostela, acolle hoxe a presentación dos gañadores nos XXXIV Premios Minerva. Desta volta Iria Acenoso, de Boiro, levou o primeiro premio de poesía mentres que Triana Doce, de Poio, fíxose co de narrativa. Pola súa banda, na Fundación Caixa Galicia de Lugo dábase a coñecer onte o resultado do XIX Premio Literario Ánxel Fole. Un estudo sobre Nicomedes Pastor Díaz, asinado por Xesús Blanco, Silvana Castro, Pilar García Negro, Amelia Sánchez e mais Goretti Sanmartín fíxose con este galardón, que premia traballos de investigacións sobre escritores nacidos na provincia de Lugo.

Máis información en Compostela Cultura sobre os premios Minerva e en Yahoo News e no web da Fundación Caixa Galicia sobre o Ánxel Fole

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Fundación Caixa Galicia, Pilar García Negro, Goretti Sanmartín...