Un libro-CD do Consello da Cultura e a entrega dun premio abren os actos de homenaxe a Aviés de Taramancos

Aí vén o Avilés

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un libro que inclúe un CD con entrevistas e poemas recitados polo propio autor é o xeito en que o Consello da Cultura Galega homenaxea a Avilés de Taramancos no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galega a este autor. Ademais deste libro, que se presentará mañá, o Consello tamén acollerá a presentación de “Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992)”. Por outra banda, en Noia entregáronse os premios do II Certame Literario de Relato de Aventuras que leva o nome de Avilés. Os gañadores foron Francisco Antonio Vidal Blanco e Xosé Agrelo Hermo.

Máis información sobre os actos do Consello e sobre o premio Avilés de Taramancos en O Correo Galego

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Avilés de Taramancos, Antón Avilés de Taramancos, O Correo Galego, Consello da Cultura Galega...