Presentan a Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos

O volume de Ouvirmos compila máis de 100 fotos e inclúe 2 CDs

14/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A vida de Avilés de Taramancos a través de máis dun cento de fotografías acompañadas de versións musicadas dos seus poemas e da voz do propio autor a recitar. Esta é a nova proposta que fai a discográfica Ouvirmos coa súa Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos. No proxecto contan coa colaboración de Ana Romaní, encargada de analizar os poemas que recita o autor, e de Rodrigo Romaní, que musica textos de Avilés e guía a súa escoita. Martín Veiga é o responsable dos textos que percorren a vida do poeta de Noia.

Boa parte dos cortes desta produción xa se podían escoitar no CD Homenaxe a Antón Avilés de. Taramancos. As nosas voces, editado polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura en 2003.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

20/04/2009

Versos con ondas

Tres producións recentes achéganse desde distintas perspectivas á poesía musicada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Avilés de Taramancos, Poemas, CDs, Ana Romaní...