Tres agrupacións culturais da Terra Chá preparan unha homenaxe ao poeta Manuel María no seu primeiro cabodano

Un ano sen Manuel

O oito de setembro de 2004 falecía o poeta da Terra Chá, Manuel María. Agora, con ocasión do seu primeiro cabodano, a fundación que leva o seu nome, Asociación Cultural Xermolos e o Instituto de Estudos Chairegos preparan unha serie de actos de homenaxe. Deste xeito, unha mesa redonda na casa da cultura de Vilalba honrará mañá a memoria de Manuel María, e o día oito de setembro a Praza das Mulleres deste vila acollerá un recital poético e actuacións musicais e folclóricas na súa memoria. Ademais, a mostra que a Asociación Cultural Xermolos está a dedicar ao poeta, poderá verse ao longo do mes de setembro na capital chairega.

Máis información en El Progreso e en La Voz de Galicia