Unha homenaxe en Outeiro de Rei conmemora o segundo cabodano de Manuel María

Comuñón con Manuel María

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cando se fan dous anos do pasamento do poeta Manuel María, a Fundación que leva o seu nome e mais a asociación Xermolos convocan para o vindeiro venres un acto de homenaxe na súa memoria. Outeiro de Rei será o escenario deste acto onde os membros do grupo a Quenlla lerán unha pregaria e se celebrará unha "comuñón laica" na que os asistentes compartirán pan, queixo e viño. Mini e Mero, membros da Quenlla, recibirán tamén as navallas simbólicas coas que os organizadores recoñecen o traballo pola memoria do poeta da Chaira.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Galicia Hoxe, Asociación Xermolos, El Progreso