Colectivos lucenses únense para homenaxear a Manuel María

Rosas para outeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un percorrido por Outeiro de Rei e un acto literario no auditorio de Vilalba forman parte do programa co que doce colectivos da provincia queren homenaxear ao escritor Manuel María (1929 -2004) . O día dous de abril, baixo o título “Leva unha rosa a Outeiro. Viaxando con Manuel María” terá lugar un acto que contará con dúas partes diferenciadas. A primeira pretende realizar un itinerario que comezará coa lectura dun manifesto e varias paradas no campo de Santa Isabel. A segunda parte, titulada “Peregrinaxes” consiste na proxección dun vídeo con imaxes das viaxes que Manuel María fixo por Francia, Bretaña, Gracia e Italia.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e sobre Manuel María na súa ficha en LG3

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Manifesto, Culturagalega, El Progreso...

Claves

Protagonistas
Conceptos