Pasou o Día das Letras pero continúan as lembranzas sobre Manuel María. Deste xeito, A Estrada acolle ás nove desta noite a presentación de Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María. Este audiovisual, que elaborou en 2005 Lois Diéguez reedítase en formato libro-DVD cunha nova montaxe e distribuirase co semanario Sermos Galiza. O volume, que repasa as viaxes do poeta, conta recitados na voz de Isidro Novo. Ademais, no acto de presentación tamén se proxectará o audiovisual Manuel María vai pola vila que retrata as homenaxes que se lle fixeron ao poeta este mes nas rúas das Estrada.
Peregrinaxes, Viaxando con Manuel María from Terra e Tempo Tv on Vimeo.




