Uxía canta a Manuel María, agora ao vivo

Un novo libro-CD recolle un concerto da cantora na Casa Museo do poeta chairego

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Uxía canta a Manuel María, agora ao vivo

Uxía non para de cantar a Manuel María. Para alén de Canta o Cuco, na que achega poemas do autor aos máis cativos en colaboración de Magín Blanco, a artista xa gravara hai uns anos Andando a terra. Uxía canta a Manuel María. Agora, da man da Casa Museo Manuel María ve a luz un novo volume, tamén titulado Uxía canta a Manuel María. Nesta ocasión trátase dun libro-CD gravado ao vivo durante un recital na propia casa do poeta o pasado mes de outubro. Aínda que comparte maioritariamente o repertorio do anterior álbum, a nova edición achega tres novos temas e inclúe dúos con Xabier Díaz. Ademais o volume inclúe 52 poemas do autor cun portapoemas personalizado cunha folla do carballo da casa, e permite a descarga do audiovisual De amor e cantería.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Magín Blanco, Xabier Díaz, Carballo...

Claves

Conceptos
Lugares