Uxía e Magín Blanco presentan o Manuel María máis pequeno

Musican poemas para crianzas do autor chairego en Canta o cuco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Uxía e Magín Blanco presentan o Manuel María máis pequeno

Manuel María, poeta protagonista do vindeiro Día das Letras, é tamén o eixe da última proposta da colección de libros-CD Sonárbore da editorial Galaxia. Canta o cuco reúne a Uxía e a Magín Blanco para adaptar unha selección de poemas infantís do autor chairego que inclúe textos xa clásicos como O carro, A vaca ou O cuco. O dúo incorpora ademais o tema Todo me fala de ti na que dialogan co propio poeta. Os arranxos musicais correron a cargo de Santi Cribeiro e de Guillerme Fernández, e o dúo contou coa colaboración de Isaac Palacín, Pablo Vidal, Raquel Domínguez, Pablo Ces ou Andrés Giráldez. As ilustracións do álbum ilustrado corren a cargo de Leandro Lamas. A presentación do álbum realizarase o vindeiro 24 de novembro, a partir das 11.00 horas na escola A Galiña Azul de Santiago de Compostela. O proxecto inclúe tamén un espectáculo homónimo no que se mestura música e teatro e que presentaron na feira Galicia Escena Pro.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Magín Blanco, Teatro, Espectáculo...