A Fundación Manuel María homenaxea o poeta en Lúas de outono

Na gala presentarase un video e mais un disco de Uxía sobre textos do chairego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Imaxe de Luas de outono

Imaxe de Luas de outono

O Teatro Colón da Coruña acolle mañá ás 20:30 horas Lúas de Outono, a gala coa que a Fundación Manuel María homenaxea o poeta chairego que lle dá nome. O evento servirá para presentar a videocreación Danza do poema emocionado realizado por Anxa G. Refoxo para Pixel Films sobre poemas do autor. Pola súa banda, Uxía cantará en directo temas do disco Andando a Terra. Uxía canta a Manuel María, que tamén se presenta nesta gala. A celebración coincide co cabodano do poeta, falecido en 2004.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Fundación Manuel María, Danza, Teatro...