O Teatro Colón acolle unha nova homenaxe a Manuel María

Lúas de Outono celébrase o vindeiro xoves con música, poesía, audiovisual e teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A coincidir co aniversario do falecemento do poeta a Fundación Manuel María celebra o vindeiro xoves no Teatro Colón a oitava edición de Lúas de Outono. A homenaxe anual ao autor chairego contará nesta ocasión coa presenza de Pilocha e María Manuela e mais de Uxia a cargo da música. Tamén actuará o mago Martín Camiña e presentaranse o audiovisual Andei todos os camiños e mais o DVD Danza do poema emocionado de Pixel Films. Xurxo Souto actuará como mestre de ceremonias no evento, que será de entrada libre.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel María, Teatro Colón, Poesía...