As Lúas de Outono homenaxean a Nova Canción Galega

Serán no Teatro Colón o 25 de setembro ás 20.30 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel do evento

Cartel do evento

Desde hai once anos, o Teatro Colón da Coruña leva acollendo o evento Lúas de Outono, en homenaxe a Manuel María. O mércores 25 de setembro ás 20:30 horas celebrarase a undécima edición, desta volta conectada coa celebración dos 50 anos do concerto de presentación da Nova Canción Galega, que Manuel María presentara no Teatro Capitol de Santiago. Desta volta, o Lúas de Outono estará presentado por Xurxo Souto e contará con voces de xeracións diferentes: Miro Casabella, Uxía e o grupo Molime. A entrada é libre.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel María, Xurxo Souto, Teatro Colón da Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares