Lúas de Outono cumpre dez anos a homenaxear a Manuel María

Susana Seivane protagoniza este evento o vindeiro 19 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro 19 de setembro a décima edición de Lúas de Outono, a homenaxea anual a Manuel María. A Cidade Herculina reivindica unha vez máis a súa ligazón co poeta chairego neste evento, que presentaba esta mañá o seu programa e que organiza a Fundación Manuel María coa colaboración co Concello e coa Deputación da Coruña. Susana Seivane protagoniza esta xeira de aniversario cun concerto no que, a partir das 20.30 horas, presentará Fa, o seu último disco, un duplo álbum no que fai unha reflexión sobre as sensacións producidas durante o embarazo e a posterior maternidade dos seus fillos Fiz e Antón. A gaiteira interpretará tamén versións musicadas de poemas de Manuel María. A entrada ao evento é libre ata completar aforo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Susana Seivane, Rosalía de Castro, Fiz...