
No acto, a poeta Eva Veiga recitará unha selección de sete pezas de Manuel María, mentres o grupo tradicional Os Carunchos levará a escena as súas versións musicadas doutras trece. Os Carunchos dedicou o seu último traballo, Unha gorxa chea de paxaros de xeito íntegro ao poeta.
O álbum, publicado por Xerais, conta con textos de Xurxo Souto e do coñecido e luthier Xaneco Tubío. As entradas ao evento son de balde pero cómpre reservar no mail da Fundación Manuel María.



