A duodécima edición de Lúas de Outono, a homenaxe anual a Manuel María que organiza a Fundación que leva o nome do poeta chairego, aposta pola maxia para o lembrar. O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este 15 de decembro a nova xeira desta gala, que contará co Mago Antón e David Méndez como protagonistas.
Os dous ilusionistas levarán a escena o espectáculo Un trebón de maxia, no que ademais de recrear elementos da obra de Manuel María achegarán tamén algunhas das lembranzas que teñen do poeta co que compartiron en vida amizade e proxectos.
A proposta preséntase como "un espectáculo que é a suma de xogos de aparicións, desaparicións, transformacións e adiviñacións que fan referencia a aspectos da obra literaria de Manuel María e a unha chea de recordos e vivencias dos dous magos co escritor". A iniciativa ten entrada libre e conta co apio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.